O grupo está interesado na aplicación das TICS co alumnado nas súas aulas, nas dúas etapas educativas. Concretamente, vídeos de animación educativa, que fomenten un traballo autónomo dende un enfoque constructivista, para desenvolver as competencias básicas: aprender a aprender, tratamento da información e competencia dixital, autonomía e iniciativa persoal, competencia en comunicación lingüística, competencia no coñecemento e interacción co mundo físico, social e cidadán, e competencia artística e cultural. O feito de pertencer a dúas etapas educativas distintas, permitiranos experimentar e graduar as competencias, sobre todo a do tratamento da información e competencia dixital, nas distintas etapas antes citadas.